Etiquetas

domingo, 7 de diciembre de 2014

CQC14

Buenos días, seguro que todos recordáis el concurso "Ciencia que conta" . Pues bien, como Ángel lo convirtió en tarea de informática ya sabéis que o modificábamos uno de alguna edición anterior o escribíamos uno; me gusta escribir así que creé uno y lo enviamos a participar. Como los relatos tenían que ser originales, no lo subí al blog por si había algún problema.
Además, tuve que enviarlo bajo un pseudónimo, escogí el nombre de uno de los personajes de mis series favoritas: Violet Harmon.
Hoy, he mirado la web y he visto que el mío no estaba entre los finalistas, así que sintiéndolo me toca subirlo ya aquí. 
Espero que a vosotros sí os guste más que a los del jurado.




AS VOCES DE HOLDEN.


O meu nome é Holden. Sempre fun un rapaz algo tímido, sen moitos amigos e cunha gran paixón pola lectura e a música.

Cando tiña 16 anos os meus pais notaron que algo estaba a pasar comigo.

Non falaba cos meus amigos de sempre, as miñas notas baixaran, pasaba os días evitando á xente. Illábame, estaba cada vez máis irritable, durmía pouco…
Miña nai decidiu levarme a visitar ó meu médico, aínda que eu insistía en que non o necesitaba.
Unha vez na consulta miña nai contoulle o que lle preocupaba, eu limiteime a observar sen articular palabra. O Dr. Bioque quixo falar comigo a solas. Miña nai saíu da sala e un silencio incómodo paseouse polo ambiente. Mantíñame en silencio, agora coa mirada perdida. Non me atrevía a levantar a vista e enfrontarme ás preguntas que o Dr. Bioque querería facerme ou o que fose que ía decir. Quería escapar de alí.
“¿Que sentes? Fala, sen medo. Confia en min.”, escoitei á fin.
Respondín.

Nos últimos meses a miña vida cambiou moito, eu xa non son o rapaz de antes.
Érgome da cama sen entusiamo, sento no bordo por un tempo e escoito pasos polo meu corredor. “Quizás meus pais non marcharon a traballar aínda”, penso.
Saio na busca de alguén que poida estar a facer ese ruído. Non atopo nada. Penso que pode que alguén entrara no piso sen que nos percataramos, comprobo que a porta esté pechada. Todo correcto. Aínda escoito os pasos, esta vez na sala de estar. Volvo comprobar se hai alguén, nada. Así ata tres veces máis.
Diríxome ó cuarto de baño coa intención de tomar unha ducha, cando remato e voume vestir, escoito unha conversa entre duas persoas discutindo por problemas familiares. Trato de ignoralo e sigo vestíndome.
Á fin hora de almorzar, collo unha torrada e sabe a todo menos a manteiga e marmelada. Como se estivese comendo madeira. Noxento. Non podo rematar de comer.
Marcho ó instituto, unha tortura para min. Dende que empezara o curso uns rapaces decidiron meterse comigo porque din que son raro. “Sintoo, pero non podo cambiar”, penso mentres me insultan.
Sinto como se tivera un peso sobre a cabeza.Teño que sentar. Espero ata que pasa e sigo con toda a normalidade posible.
Clase de Lingua Galega, intento atender ó meu profesor, pero entre as conversas de alguén na miña cabeza e o, para min, moi molesto ruído que fai ó respirar a miña compañeira, non podo. Incluso penso en matala lentamente como din as voces.
A mañá transcorre sen incidentes aparentes.
Por fin hora de voltar á casa.
De camiño, un amigo acompáñame.
“Outra vez non”, susurro. Os rapaces veñen  meterse comigo de novo. “Xa está o tolo a falar só?”. Rin. Patadas. Insultos. Comezo a correr e por fin marchan. O amigo que me acompañaba marchou tamén.
Entro na casa con fame e dispóñome a comer. Sinto algo no meu brazo, miro para inspecionar. Non hai nada. Isto non me permite comer con tranquilidade e acabo deixando a comida a medias.
Marcho á miña habitación. A casa cheira como se houbese un escape de gas. É estúpido, na miña casa todo é eléctrico.
Dispóñome a facer as tarefas de clase pero as letras deciden amontoarse e resúltame imposible.
Pasan as horas e eu non consigo facer nada. As voces repítenme que son un inútil.
Non podo máis. Xa son as nove, os meus pais chegan do traballo. Pregúntanme como me foi o día. “Ben”, respondo sen moito entusiasmo e esperando que saian da habitación o máis axiña posible.
Seguen as voces, eu só penso en facerme dano. Intento controlalo pero non podo.
Salto a cea, non estou de humor. Dígolle ós meus pais que estou canso e vou a intentar dormir. Que sorpresa, tampouco son capaz de conciliar o sono.
Fantaseo coa miña morte. As voces dinme formas de acabar coa miña vida, todas ó meu alcance. “Se queres felicidade, busca na morte”,din.
Por un anaco nada parece real, e como se estivese fora do meu corpo. Acabo quedando durmido.
Esperto á mañá seguinte e volta a empezar.

“Isto é un día na miña vida”, explícolle ó Dr. Bioque. Quedo como se me quitara un gran peso, por fin poidera compartir o que me pasaba con alguén.
O doctor mándame de especialista en especialista, pero eu non podo esperar para ser tratado. Durante ese tempo atento ata en dúas ocasións contra a miña vida, o que me leva a ser ingresado na área de psiquiatría do hospital. Tras uns meses alí, probando distintos medicamentos, podo saír se me comprometo a non deixar de tomar a medicación e vou ás consultas.

A miña nai agora preocúpase máis por min, aínda que dende que me diagnosticaron a esquizofrenia e déronme a Clorpromazina todo mellorou. Comezar as sesións co psicólogo axúdanme a aceptarme e cambiar de colexio permitiume poder empezar de novo. Non teño amigos aquí pero ninguén me insulta e os meus compañeiros contan conmigo para as actividades. As voces non aparecen con tanta frecuencia e ata podería dicir que teño ganas de vivir.

jueves, 4 de diciembre de 2014

Podcast 25N

Hola a todos, hoy traigo una entrada nueva sobre la violencia de género.
Tuvimos que realizar una grabación y subirla a SoundCloud. Fue una experiencia peculiar.
Sólo nos quedaba hasta las 14:10 de ese día para haber enviado el trabajo. Así que mi compañera y yo, buscamos un poema sobre éste tema en la hora de informática, escogimos las partes que más nos gustaban y las copiamos en un papel. Ángel nos abrió un baño y con el móvil de Lidia lo grabamos. Volvimos al aula, lidia me envió la grabación por Gmail, la descargamos al equipo y con un conversor online la pasamos a formato mp3. Por último nos creamos una cuenta de SoundCloud y subimos la grabación. Ahora, copié el html y la voy a dejar al final de esta entrada. Espero que os guste.